
Consello Social
Universidade da Coruña
A Universidade existe por e para os estudantes, hai que mirar cara a eles, temos a obrigación de darlles unha formación global, completa, á vez especializada e adecuada as necesidades da contorna económica onde teñen que empregarse. Mellorar a súa empregabilidade ten que ser o denominador común de todas as nosas preocupacións.
Antonio Abril Abadín
Presidente do Consello Social da Universidade da Coruña
Os nosos compromisos
Apoiar a implantación na UDC do Espazo Europeo de Educación Superior, procurando a adaptación da oferta académica ás necesidades da sociedade.
Impulsar na UDC boas prácticas de cultura organizativa, bo goberno e xestión transparente e eficiente en resposta ás necesidades e demandas sociais.
Promover na UDC a cultura emprendedora como competencia profesional xenérica ou transversal clave para o cumprimento da misión da UDC na promoción do desenvolvemento económico e social.
Aprobar e manter actualizado un Plano Estratéxico de Actuacións, e o Compromiso de Servizos, e publicar a Memoria Anual das súas actividades.
Impulsar a organización de toda clase de eventos, incluídos premios, distincións e recoñecementos, que favorezan o coñecemento mutuo e a interrelación entre a UDC e a sociedade.
Promover o achegamento entre a UDC e as empresas, singularmente, a través do fomento das prácticas dos universitarios nas empresas e da creación de cátedras Universidade-Empresa.
Fomentar a proxección internacional da UDC a través de redes de colaboración no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.
Promover o compromiso da UDC no ámbito da súa Responsabilidade Social Universitaria.Crear e manter vixente unha rede que permita o contacto permanente da UDC cos seus exalumnos e outras persoas e empresas relacionadas.