PREMIOS CONSELLO SOCIAL UDC

Edicións anteriores

2019-2020

Premio
CONFIANZA
UDC

EMALCSA

Empresa Municipal de Augas da Coruña

Recoñecemento á empresa, inmersa na modernización e dixitalización dos seus servizos, e enxalzou “a colaboración entre a UDC e a empresa municipal de augas como referentes da xeración de sinerxías dos recursos públicos”.

En dous anos, Emalcsa achegou un millón de euros para diferentes accións e proxectos investigadores.

www.emalcsa.es

Premio
IMPULSO
UDC

GEAMA

Conformado por 35 membros entre persoal docente e investigador, desenvolveron ao longo destes dous anos 69 contratos con entidades públicas e empresas privadas –Repsol, Endesa ou Emalcsa- demostrando unha extensa actividade na transferencia de coñecemento. Participaron, ademais, en 26 proxectos de investigación competitivos.

No seu conxunto, GEAMA logrou captar un financiamento superior aos oito millóns de euros e tomar parte en traballos de ámbito internacional como AA-Floods, relacionado co desenvolvemento de ferramentas en prevención, alerta e xestión de emerxencias por inundacións e financiado polo Programa Interreg Atlantic Area.

www.geama.org

Premio
EMPRENDE
UDC

BIMA

Bioloxía e Información Marítima Ártabra

Incorpora a tecnoloxía SIG ao medio mariño e en sectores como a pesca ou as operacións portuarias.

Este proxecto, que pasou polo Viveiro de empresas da UDC e que xa ten entre os seus clientes ao Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), permite converter grandes bases de datos nun mapeado visual e xeorreferenciado.

www.bimartabra.com

2018-2019

Premio
CONFIANZA
UDC

ALDABA

Reconimiento pola súa aposta pola colaboración Universidade-Empresa para o desenvolvemento de proxectos e iniciativas innovadoras nos campos da I D i, docencia e extensión universitaria. O Pleno valorou singularmente a colaboración desta entidade no programa de formación empresarial da Fundación Universidade da Coruña, acollendo a 22 titulados da Universidade e participando, ademais, no programa de prácticas externas da Facultade de Informática.

www.aldaba.es

Premio
IMPULSO
UDC

GAC

Recoñecemento pola súa contribución á transferencia do coñecemento innovador desenvolvendo unha gran cantidade de proxectos.

Neste sentido, o Pleno do Consello Social valorou positivamente a actividade de investigación e transferencia que permitiu ao GAC a captación de máis de 12,2 millóns de euros para o desenvolvemento de diversas iniciativas, así como a internacionalización da súa actividade.

jfs.des.udc.es

Premio
EMPRENDE
UDC

ITFAB

IT Fabricación Dixital S.L.

Recoñecemento por tratarse dunha empresa nova fundada por un grupo de antigos alumnos da UDC que destaca pola súa singular aposta pola innovación.

O Pleno avaliou positivamente esta iniciativa, ademais, por presentar unha carteira de servizos única e innovadora no ámbito da Coruña, destacando as súas alianzas comerciais con diferentes empresas galegas.

www.itfabricacion.com

2012-2013

Premio
CONFIANZA
UDC

Enmacosa

Recoñecemento pola súa colaboración continua coa Universidade da Coruña en sectores como a formación en competencias do estudantado, a inserción laboral do antigo alumnado, a promoción da investigación e a transferencia de tecnoloxía.

www.enmacosa.com

Premio
IMPULSO
UDC

GII

Grupo Integrado de Enxeñería da UDC

Recoñecemento polos resultados da súa investigación, centrada na enxeñería naval, a enxeñería de fluídos, a organización industrial e os sistemas autónomos.

gii.udc.es