
PREMIO
CONFIANZA UDC
Ao compromiso da empresa
coa Universidade da Coruña
Obxecto
O Consello Social da Universidade concede o Premio Confianza UDC ás empresas implicadas singularmente no fomento e/ou desenvolvemento de proxectos e iniciativas innovadoras en colaboración coa UDC en calquera das súas actividades.
Candidatos
Poderán optar a estes galardóns as entidades privadas con personalidade xurídica propia que de calquera xeito colaboraran coa UDC ou calquera dos seus institutos, departamentos, grupos de investigación ou servizos.
Criterios de valoración
A Comisión Executiva do Consello Social actuando como xurado proporá perante o Pleno do Consello Social a concesión do Premio Confianza UDC á candidatura que destaque singularmente na consecución de obxectivos que o Consello Social da UDC considera prioritarios no eido do fomento das relacións Universidade- Sociedade, valorándose de xeito preferente aquelas entidades privadas que destaquen:
Polo seu compromiso e implicación no fomento da mellora da labor docente, da actividade de I+D+i e da extensión universitaria na UDC.
Neste senso valorarase a natureza das obrigas asumidas polo candidato nos distintos marcos de colaboración Universidade-Sociedade dos que fose partícipe, e no seu caso, o apoio económico ou contraprestacións que deles derivasen en beneficio da UDC.
Pola significativa repercusión dos resultados da colaboración entre a Universidade e a Sociedade no progreso económico, social, cultural, ou científico de Galicia.
Estas valoracións realizaranse en base ás evidencias dos exercicios 2023 e 2024.
Presentar candidatura
Antes de presentar unha candidatura, asegúrese de cumprir as condicións indicadas nas Bases Xerais dos Premios Consello Social.
Debe cubrir o seguinte formulario e adxuntar a memoria de presentación da candidatura, seguindo as pautas indicadas na seguinte guía.