PREMIO

EMPRENDE UDC

Á idea emprendedora máis innovadora
de estudantes e recentes titulados da Universidade da Coruña

Obxecto

A través do Premio Emprende UDC o Consello Social da Universidade outorgará recoñecemento público aos estudantes e titulados da UDC coa mellor idea emprendedora.

Candidatos

Poderán ser beneficiarios do Premio Emprende UDC os estudantes e titulados nos últimos tres anos de calquera titulación oficial da UDC na data de apertura do prazo de presentación das propostas de candidatura.

Os solicitantes deberán ser equipos multidisciplinarios integrados por estudantes matriculados ou titulados nalgunha titulación impartida pola UDC á data de presentación da solicitude.

Criterios de valoración

A Comisión Executiva do Consello Social actuando como xurado proporá perante o Pleno do Consello Social a concesión do Premio Emprende UDC á candidatura que destacara singularmente na consecución de obxectivos que dende a perspectiva da misión, visión e compromiso do Consello Social da Universidade resultan clave no eido do emprendemento universitario.

En particular, valoraranse de xeito preferente aquelas iniciativas que destaquen polo/a:


Carácter innovador e creativo

Potencial para converterse nun proxecto empresarial

Viabilidade técnica e económica

Madurez do proxecto presentado

Impacto económico e social para a contorna

Aceptaranse ideas empresariais coa empresa constituída non máis aló dun ano antes á data de apertura do prazo de presentación das candidaturas.

Presentar candidatura

Antes de presentar unha candidatura, asegúrese de cumprir as condicións indicadas nas Bases Xerais dos Premios Consello Social.

Debe cubrir o seguinte formulario e adxuntar a memoria de presentación da candidatura, seguindo as pautas indicadas na seguinte guía.